0:00
0:00

Save as Playlist     Clear     Source: YouTube

Share with your Friends
Bernardo Xosé Free Music

Biography

Bernardo Xosé Free Music

Bernardo Xosé

Effective period / Period of releases: 1975

Bernardo Xosé Rodríguez Ortiz, coñecido como Bernardo Xosé, nado en Bouzas (Vigo) en outubro de 1947, é un músico e cantante galego.

Traxectoria
Alternou os estudos coa asistencia ao Conservatorio de Vigo onde cursou dou anos de solfexo e un de piano. Organizou un conxunto de música pop que durou moi pouco e despois montou o grupo Herva Nova, que interpretaba temas galegos. Despois converteuse en cantante solista facendo a súa presentación no Festival da nova canción galega organizado polos alumnos da Escola de Comercio de Vigo. Marchou a Madrid e interveu en programas radiofónicos e en Música 3 de TVE. Musicou poemas de Rosalía de Castro, Juan Ramón Jiménez e Gustavo Adolfo Bécquer e tamén creou temas propios. Debutou como cantante no Festival de Benidorm de 1972 con letra de Pedro Rodríguez e música de Aniano Alcaide, onde obtivo o premio á mellor letra. Posteriormente integrouse no grupo A Roda.